EFEverde en Galego

Continúa activo un incendio forestal en Ribadeo que xa queimou 20 ha

A Consellería do Medio Rural informou de que continúa activo un incendio na parroquia da Devesa que por agora arrasou unha superficie dunhas vinte hectáreas.

O lume iniciouse onte martes por volta das sete e media da tarde.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, explicou que “en realidade houbo dous incendios, primeiro comezou o da Devesa mais cando todos os medios estaban alí, ás dez da noite, tivemos outro máis pequeno en Ove”.

Neste sentido, dixo sospeitar que foron incendios “intencionados” porque, a pesar de que “non teño ningunha proba”, afirmou que “non é fortuíto e o coñecemento empírico e a tradición nunha parroquia concreta dáme que pensar”.

O incendio de Ove foi “máis pequeno” e quedou controlado “rapidamente” despois de queimar unha hectárea.

Continúan os labores de extinción en que participan tres axentes forestais, nove brigadas, cinco motobombas, unha pa e dous avións. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com