EFEverde en Galego

Expertos analizan a conservación da marsopa na costa noroeste

  • A bordo dun veleiro de quince metros de eslora os investigadores percorrerán toda a costa galega.

Expertos analizan a conservación da marsopa na costa noroeste Fotografia de arquivo dunha cria de marsopa. EFE

EFEverde.- A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) realiza un estudo de avaliación e determinación da categoría de conservación da marsopa no noroeste da península Ibérica.

A CEMMA, co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da Fundación Biodiversidade, pon en marcha o proxecto Phocoeval centrado na especie de cetáceo máis pequena de todo o hemisferio norte, a marsopa ou “Phocoena phocoena”, informou hoxe nun comunicado.

A bordo dun veleiro de quince metros de eslora os investigadores percorrerán toda a costa galega dende A Guardia (Pontevedra) ata Ribadeo (Lugo) nunha franxa de vinte e cinco millas ao longo de dezaoito días de setembro.

Dous patróns, tres biólogos e tres voluntarios realizarán observacións da superficie do mar combinadas con escoitas e gravacións cun hidrófono de arrastre.

A iso úneselle unha campaña aérea cun avión que percorrerá toda a costa para achegar información sobre a presenza en Galicia da marsopa, unha especie ameazada como vulnerable que no noroeste da península non supera os trescentos exemplares. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies