EFEverde en Galego

50 familias e 2 centros de ensino únense á compostaxe en Vilaboa

  • O proxecto iniciouse hai xa dous meses co proceso de selección de familias.

    Mantense aberta unha lista de espera no Concello para posteriores ampliacións do proxecto.

     

50 familias e 2 centros de ensino únense á compostaxe en Vilaboa Fotografía de arquivo dunha planta de compostaxe. EFE

EFEverde.- O Concello de Vilaboa, xunto coa asociación Ambientalista Amigos da Terra, poñen en marcha un programa de compostaxe doméstica dirixida a 50 familias do municipio e os dous centros de ensino.

A preocupación do Concello de Vilaboa polo aumento progresivo da cantidade de residuos, os problemas derivados do actual modelo de xestión e a necesidade de atopar unha alternativa a esta situación, foron os motivos principais para poñer en marcha este programa.

As 50 familias foron divididas en dous grupos para garantir a calidade da formación.

Este venres terá lugar o arranque do proxecto coa formación incial para as últimas 25 familias, será ás 20h na casa da Cultura de Riomaior.

A repartición de material consistirá nun composteiro de 400 litros para cada familia participante e un manual de compostaxe.

Os veciños contarán durante un ano, co asesoramento técnico personalizado a domicilio por parte dos técnicos da asociación ambientalista Amigos da Terra.

Ademais das 50 familias participantes, sumaranse os dous centros de ensino do Municipio, Riomaior e o Toural, nos que se implantará a técncia para todos os residuos orgánicos xerados nos centros que serán xestionados polos alumnos.

Proxecto de separación

Asimesmo o concello de Vilaboa tamén comeza un proxecto de separación e compostaxe dos restos de rozas e poda municipal, no que tamén convidan a participar a os veciños, poñendo a súa disposición un espazo de depósito de restos de poda e cespede das vivendas, así como outros restos vexetais das hortas, para a súa posteior triturado e compostaxe a nivel municipal.

Durante este ano traballarase co obxectivo de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar aos cidadáns da problemática asociada aos residuos, e baixo a máxima Reduce, Recicla, Reutiliza, Composta. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies