Efeverde en Galego

A Universidade de Vigo estudará como aproveitar o compost de baixa calidade

  • Esta investigación durará tres anos

A Universidade de Vigo estudará como aproveitar o compost de baixa calidade Fotografía de arquivo dunha planta de compostaxe. EFE

Efeverde.- A Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo asinaron hoxe un convenio a tres bandas polo cal investigadoras da institución educativa realizarán un estudo sobre o aproveitamento do compost que se está producindo na provincia.

Segundo explicou o reitor vigués, Salustiano Matogueira, o estudo analizará a viabilidade de utilizar o chamado bioestabilizado, o compost de baixa calidade que non ten aproveitamento comercial, na recuperación de chans biodegradados como áreas incendiadas, canteiras abandonadas ou noiros de infraestruturas viarias.

Trátase, dixo Matogueira, dun proxecto investigador “ambicioso” e que ten que ver cun cambio “que temos que ir facendo se queremos ter futuro neste planeta” para avanzar na xestión “sustentable” dos residuos e os materiais “que non utilizamos”, alegou.

Probas con este compost

Os científicos da universidade utilizarán os terreos anexos á futura planta que se construirá en Pontevedra como campo de probas con este compost, ao existir na súa contorna unhas nove hectáreas de terreos con pendentes pronunciadas e con espazos de cantería abandonada nos que se comprobará o funcionamento desta materia biodegradable.

Esta investigación durará tres anos e nela investiranse 230.000 euros, segundo recóllese no convenio asinado polas tres institucións.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou que se trata dunha iniciativa “vangardista e nova” da que non existen datos científicos nin sobre as características do chan galego nin sobre o seu comportamento coa achega deste compost.

É, segundo Fernández Lores, un “proxecto de país” que xerará actividade económica e formativa e que busca lograr aproveitar o 100% dos residuos orgánicos que se xeran en Pontevedra.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que o importante deste acordo é o concepto “que hai detrás” para que a sociedade teña unha maior concienciación “e non tratemos os residuos como unha mercadoría da que temos que desfacernos” sen ningún tipo de compromiso ambiental.

“Este plan supón un cambio de cultura no que as administracións teñen que estar comprometidas para cambiar hábitos na cidadanía”, engadiu Carmela Silva. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies