Efeverde en Galego

Galicia súmase ao evento mundial de cambio climático, ‘Climathon’

Galicia súmase ao evento mundial de cambio climático, 'Climathon' Captura web do cartel de Climathon 2017

A Xunta de Galicia súmase por primeira vez á celebración do evento mundial por referencia sobre o cambio climático, Climathon, informou hoxe o Goberno galego nun comunicado.

Trátase dunha reunión simultánea en diferentes cidades do mundo, na que se abordan os desafíos climáticos para buscar solucións novas e pioneiras aos retos que representa este fenómeno.

Climathon 2017

Este evento de alcance mundial sobre o cambio climático celebrarase o próximo 27 de outubro en Santiago de Compostela, sumándose así a preto de 250 cidades de máis de 70 países, que participan nesta iniciativa impulsada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea.

Cada unha das sedes que participa en Climathon establece un desafío, polo que desde a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sinalan que a realidade demográfica de Galicia, marcada pola elevada dispersión, fai que o punto de referencia sexa os retos que o cambio climático supón para o sector primario de Galicia, un dos máis relevantes da economía galega, o turismo e os residuos.

Todos os participantes que asistan a este encontro sobre o cambio climático afrontarán o reto achegar propostas para buscar solucións contra este fenómeno de forma colaborativa.

As ideas e propostas que se acheguen serán trasladadas ao resto de países e cidades que participan na cita para que, ao mesmo tempo, poidan compartir experiencias, propostas ou solucións adecuadas aos desafíos propostos no Climathon galego.

O encontro de traballo está aberto á participación de toda a cidadanía, facendo un chamamento para que todos os estudantes, investigadores, emprendedores, axentes sociais e persoas con inquietudes ante o reto do cambio climático participen neste evento.

As propostas serán avaliadas mediante dinámicas de grupo que contarán coa axuda de expertos que contribuirán a favorecer o debate e a xerar unha proposta coherente e competitiva.

Os interesados poden anotarse ata o 25 de outubro como participantes na xornada, que se desenvolverá durante todo o día 27 de outubro, de 10 a 22 horas, no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Eugenio Granell. Cada participante deberá encher o formulario emprazado no sitio web do Climathon dentro da páxina web da Xunta.

Na cita tamén participarán expertos para achegar a súa visión, experiencia e coñecementos sobre o quecemento global e os retos da adaptación ao cambio climático. Ao remate da xornada, abriranse as portas aos cidadáns que se queiran sumar a unha serie de propostas divulgativas incluídas no evento. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies