EFEverde en Galego

Científicos galegos estudarán na Antártida procesos ecolóxicos

Científicos galegos estudarán na Antártida procesos ecolóxicos Fotografía de arquivo dunhas dependencias de investigación na Antártida. EFE

EFEverde.-  Cinco investigadores das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela desenvolverán na Antártica proxectos de investigación dos efectos da descomposición de algas e o seu impacto nos procesos ecolóxicos e bioxeoquímicos asociados nos intermareales de illa Decepción.

Segundo informa a Universidade de Vigo no seu diario dixital, trátase dun dos vinte proxectos de investigación seleccionados para a XXIX campaña de investigación en Antártica, na que participarán un total de cen científicos.

Os proxectos desenvolveránse nas instalacións da base militar española Gabriel de Castela, en illa Decepción, nas que científicos e militares comparten espazo na campaña Antártica española. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com