EFEverde en Galego

Científicos de Galicia e Noruega colaborarán en ámbito de ecoloxía pesqueira

  • Estudos sobre a ecoloxía da pescada

Científicos de Galicia e Noruega colaborarán en ámbito de ecoloxía pesqueira EFE/Everett Kennedy Brown

Científicos dos institutos de investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en Galicia colaborarán cos seus homólogos noruegueses no ámbito da ecoloxía pesqueira.

Un dos eixes prioritarios da referida colaboración, que definiron nunha reunión de traballo realizada recentemente en Vigo, será o asesoramento científico que se prestará desde Galicia para que o Institute of Marine Research (IMR) de Noruega realice estudos sobre a ecoloxía da pescada, informou unha nota do CSIC.

Rosario Domínguez, xefa do Grupo de Ecoloxía Pesqueira do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, explica que en Noruega se está a rexistrar un notable incremento da abundancia da pescada, até o punto de que pasou de ser unha captura residual a unha especie de interese comercial.

O obxectivo dos investigadores galegos é avaliar o estado das súas poboacións, estudar a súa ecoloxía e analizar as causas deste aumento de abundancia, que se podería deber ao efecto da alteración climática, segundo Domínguez.

Considera que as poboacións de pescada de Noruega, que se encontran no límite setentrional de distribución da especie, sexan as primeiras en se veren afectadas por mudanzas climáticas globais.

Máis alá da pescada, os investigadores galegos e noruegueses intercambiarán información sobre outras especies como o bacallau atlántico, a maragota, o carboeiro e o abadexo.

Serán obxecto de intercambio a estandarización e validación de métodos para a determinación da idade dos exemplares, a realización de estudos reprodutivos e de ecoloxía espacial e trófica, e a aplicación do enfoque ecosistémico á xestión das súas pescas. EFEverde

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies