A CHMS recibirá a plataforma para explicar a condución do río

Lugo, 26 mar. (EFEverde en Galego).- A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) confirmou que o director da obra de condución do río Sarria e o director de Área do organismo de bacía recibirán nesta tarde membros da Plataforma Sarriana polo Río para lles explicar as modificacións que aceptou introducir no proxecto a proposta do propio colectivo veciñal.

A reunión producirase nesta mesma tarde, ás catro, na sede da CHMS.

Fontes do organismo de bacía insistiron en que a protesta que onte protagonizaron os membros da citada plataforma “non ten razón de ser”, porque a CHMS está cumprindo o prometido e o que explicou o seu presidente, Francisco Marín, nesta mesma semana en Sarria, no transcurso dunha reunión á que non asistiron os membros dese colectivo.

De feito, a CHMS volveu aclarar que, finalmente, só serán cortadas “sete árbores” para a execución dese proxecto nas inmediacións do río Sarria, “os mínimos e imprescindibles” para facilitar o movemento das máquinas que teñen que realizar as obras.

Onte, antes de que unha xuíza de Sarria ordenase paralizar a corta, a empresa concesionaria xa cortara tres desas sete árbores.

Agora, a CHMS dispón de tres días para presentar a documentación requirida polo xulgado, uns documentos que, segundo o organismo de bacía, virán ratificar que o proxecto conta con ” todos os permisos” necesarios.

Alén diso, confirmou que as obras “continúan” en Sarria, porque a orde xudicial só afectaba á corta de árbores. EFEverde en Galego

jrr/jl
jrr/jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies