EFEverde en Galego

CHMS analiza a auga do río Rato e sopesa sancionar o Concello Lugo

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) confirmou que, como consecuencia das "últimas verteduras detectadas" no río Rato, na zona da Garaballa, está "realizando as xestións previas" para analizar os "parámetros que determinan a calidade da auga" e sopesar "a apertura dun expediente sancionador ao Concello de Lugo.

O citado organismo saíu así ao paso, nun comunicado, das denuncias efectuadas polo BNG sobre a contaminación no río Rato e lembra que o pozo que supostamente está xerando as verteduras é “responsabilidade da Administración local”.

De feito, subliña que a CHMS formalizou o 4 de decembro de 2012 “a encomenda de xestión mediante a cal o Concello de Lugo asume a explotación, mantemento e conservación das obras e infraestruturas do vertedoiro do Centro Comercial As Termas”, situado na zona das Garaballa.

Tamén aclara que “esas actuacións foran executadas polo organismo de cunca mediante o denominado Plan E”. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies