EFEverde en Galego

Mañá, ceos cubertos e chuvias xeneralizadas

  • Os ventos soprarán de compoñente oeste, fortes no litoral e zonas altas e moderadas no resto.

Mañá, ceos cubertos e chuvias xeneralizadas Un muller intenta protexerse da chuvia e o vento co seu paraugas. EFE/Julio Muñoz

EFEverde.-  MeteoGalicia predí para mañá unha xornada de ceos cubertos e chuvias xeneralizadas, especialmente intensas nas zonas altas.

Explica que a diferenza de presión entre o potente anticiclón dos Azores e a profunda borrasca situada no mar do Norte formará un corredor de ventos moi intensos, de compoñente oeste, no que quedará Galicia durante o día de mañá.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mesmo notable, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos e os ventos soprarán de compoñente oeste, fortes no litoral e zonas altas e moderadas no resto.

As temperaturas nas principais localidades

A Coruña: 11°-13°

Ferrol: 11°-13°

Lugo: 6°-12°

Ourense: 7°-15°

Pontevedra: 10°-14°

Santiago de Compostela: 9°-12°

Vigo: 10°-14°

Predición marítima

Costa Cantábrica: Vento do suroeste de mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 de mañá e 6 a 7 á tarde e á noite. Forte marusía de mañá e mar de vaga á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 4 metros de mañá, 4 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Ferrol-Bares: Vento do suroeste de mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 6 a 7. Mar de vaga. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 4 metros de mañá, 4 a 6 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Ártabro: Vento do suroeste de mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 de mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 4 metros de mañá, 4 a 6 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Costa da Morte: Vento do suroeste de mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 5 a 6. Forte marusía. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 4 metros de mañá, 4 a 6 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Rías Baixas: Vento do suroeste de mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 4 a 6 de mañá, 3 a 5 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía de mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1,5 a 2,5 metros de mañá, 2,5 a 4 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies