EFEverde en Galego

Catro turismos resultaron danados a causa dun xabarín en Pantón

  • O golpe provocou lesións importantes nun dedo a un dos condutores implicados no accidente.

Catro turismos resultaron danados a causa dun xabarín en Pantón Fotografía de arquivo duns jabalies cruzando unha estrada. EFE/A. Dalmau

EFEverde.- Catro vehículos que circulaban onte pola N-120 sufriron danos a causa dun xabarín que cruzou a calzada á altura do concello de Pantón, siñala o 112.

Ademáis, o golpe provocou lesións importantes nun dedo a un dos condutores implicados no accidente, que, finalmente, foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia.

O animal sorprendeu aos condutores cando circulaban pola N-120 en sentido Monforte, preto do quilómetro 532.

Ás 20:50 horas de onte, un particular alertou ao persoal do 112 Galicia que, deseguido, pediu a colaboración de Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico.

Aínda que por causas distintas, houbo outro accidente múltiple, con tres vehículos implicados, na AG-64 ao seu paso polo concello As Pontes, en dirección Vilalba.

Un dos condutores tivo que ser atendido por mor de diversas contusións e, de feito, foi evacuado en ambulancia a un centro médico.

A colisión produciuse arredor das 21:20 horas de onte e os xestores do 112 Galicia informaron da situación a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies