EFEverde en Galego

Catro imputados por causar dous incendios forestais en queimas neglixentes

Catro imputados por causar dous incendios forestais en queimas neglixentes

A Policía autonómica imputou catro persoas por causar supostamente incendios forestais en queimas neglixentes nos municipios de Cabana de Bergantiños (A Coruña) e Caldas de Reis (Pontevedra).

A xefatura da Coruña imputou tres veciños de Cabanas como presuntos autores dun lume forestal o pasado día 17, cando realizaban unha queima non autorizada, xa que aquel día estaban prohibidas en toda Galicia.

O lume tivo lugar en Cesullas, parroquia deste concello coruñés, e afectou unha a superficie de mil metros cadrados de superficie arborada.

Por outra banda, axentes de Pontevedra imputaron un veciño de Caldas por ser o suposto autor dun incendio forestal imprudente, ao que se lle escapou unha queima forestal no lugar de Calcote, parroquia de Godos, que afectou a 900 metros de superficie arborada.

No que vai de ano a Policía autonómica leva imputado ou detido 48 persoas como presuntos autores de lumes nos montes galegos. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies