EFEverde en Galego

As Catedrais, escollida entre as 7 marabillas naturais de España

A praia das Catedrais, no municipio lugués de Ribadeo, foi escollida entre as 7 marabillas naturais de España.

Ademais, tamén obtiveron este recoñecemento a rocha biscaíña de Gaztelugatxe, Somiedo (Asturias), o cabo de Gata, as Medulas (León), as lagoas de Ruidera (Cidade Real) e Fuente Dé (Cantabria).

A votación, que comezou no pasado 28 de maio e pechou no día 8 de xuño, contabilizou e verificou máis de 82.000 votos.

Os participantes na iniciativa de Allianz Global Assistance podían escoller un máximo de tres lugares e compartir o seu voto nas redes sociais a través do hashtag #7Maravillas.

En total, vinte paraísos naturais optaban á votación a través da web 7maravillas.es

No primeiro lugar da lista figura a rocha de Gaztelugatxe, en Bermeo (Bizkaia), seguida do Parque Natural de Somiedo, en Asturias, e o Parque Natural do Cabo de Gata, en Almería.

A seguir figuran as Medulas (León), as lagoas de Ruidera (Cidade Real), Fuente Dé (Cantabria) e a praia das Catedrais (Lugo).

Agora comeza unha segunda fase en que calquera internauta terá a oportunidade de optar ao posto de explorador/a das 7 marabillas, convocado pola citada compañía aseguradora.

A persoa seleccionada viaxará ás sete paraxes no próximo mes de xullo e contará as súas experiencias nun libro oficial sobre as 7 marabillas que se publicará despois do verán.

A esta declaración dos paraísos máis fermosos aspiraban outros trece paraxes: A selva de Irati, Timanfaya, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, o mosteiro de Pedra, Teide, Río Tinto, Monfragüe, o Torcal de Antequera, as covas do Drach, Doñana, o Parque Natural da Albufeira, o macizo de Montserrat e o faial de Montejo. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies