EFEverde en Galego

Libera inicia campaña contra o costume de atar os cans durante horas

  • O obxectivo marcado é a erradicación desa práctica.

Libera inicia campaña contra o costume de atar os cans durante horas Fotografía dun can atado a unha porta. EFE/Alfredo Aldai

EFEverde.- A asociación animalista Libera anunciou hoxe o inicio dunha campaña en Galicia contra a práctica de encadear ou atar cans durante longo tempo.

Libera e fundación suíza Franz Weber xa puxeron en marcha a primeira liña de denuncia do asunto, a través de portal da Internet “sencadeas.info”, segundo un comunicado.

A erradicación desa práctica é o obxectivo marcado pola citada asociación animalista “sobre a presenza aínda habitual dos cans encadeados en Galicia, e que logrou apoio europeo para facerse realidade”, indica.

Denuncias

Engade que o seu proxecto permitirá a posibilidade a calquera cidadán de “denunciar casos de cans encadeados ou atados longas horas, unha situación con dúas vertentes, moi coñecida nas zonas rurais da Comunidade mais tamén visible en non poucos balcóns das cidades”.

A fundación helvética destacou “a importancia de apoiar unha campaña destas características para lembrar que ningún animal debe ser empregado como alarma, e que cada un ten necesidades básicas, recollidas en tratados como a Declaración dos dereitos do animal ratificada pola UNESCO na década de 1980”, segundo Libera.

Desde o punto de vista legal, “o mantemento dun can en condicións de encadeamento, sen alimento ou nun espazo desaxeitado para a súa supervivencia, supón a comisión dunha infracción de carácter leve, con até 500 euros de multa”, advirte.

Porén, subliña que “se pode converter nunha sanción grave se o animal carece de atención veterinaria ou foi golpeado, casos en que a infracción aumentaría até un máximo de 5.000 euros. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com