EFEverde en Galego

Prohíbese o paso de camións no Poio por causa da neve

  • Fontes do subsector da Garda Civil de Tráfico de Lugo confirmaron que polo resto de vías principais se pode circular con relativa normalidade.

Prohíbese o paso de camións no Poio por causa da neve Neve na Gudiña esta madrugada. EFE/Sxenick

EFEverde.- A neve que caeu durante a noite sobre a Montaña de Lugo obrigou a Garda Civil de Tráfico a prohibir o paso de camións e vehículos articulados polo alto do Poio, no municipio de Pedrafita do Cebreiro.

Neste punto tamén se recomenda precaución aos condutores de turismos, aínda que por agora non é preciso o uso de cadeas.

TIEMPO INVIERNO

Neve na Gudiña esta madrugada. EFE/Sxenick

A prohibición de paso para camións e vehículos pesados, así como a recomendación de precaución, afecta o tramo comprendido entre o quilómetro 0 e o 13 da estrada autonómica LU-633, no termo municipal de Pedrafita.

Fontes do subsector da Garda Civil de Tráfico de Lugo confirmaron que polo resto de vías principais se pode circular con relativa normalidade.

En varios puntos da autovía do Noroeste (A-6) ao seu paso pola Montaña de Lugo e no alto do Fiúco, neste caso na autovía do Cantábrico (A-8) en Mondoñedo, estivo nevando nestas primeiras horas da mañá, nalgúns momentos con intensidade, mais non chegou a afectar a circulación polo traballo das máquinas quitaneves.

Hai problemas para circular, non obstante, por varias estradas da rede viaria provincial, que depende da Deputación de Lugo, concretamente en municipios como Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e O Courel. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies