EFEverde en Galego

“Miradas no Camiño de Santiago” inaugúrase mañá en Erfrut (Alemaña)

  • A mostra céntrase nas iconas puramente xacobeas e nas manifestacións antropolóxicas.

Catro peregrinos coreanos saen do Cebreiro (Lugo), durante o percorrido do Camiño de Santiago. EFE

EFEverde.- Turismo de Galicia inaugurará mañá na cidade alemá de Erfrut a mostra fotográfica 'Miradas no Camiño de Santiago', unha exposición itinerante que mostra a visión particular de destacados fotógrafos sobre o Camiño de Santiago.

A exposición, informou Turismo nun comunicado, forma parte da actividade “A viaxe é o destino – O Camiño de Santiago e a Via Regia: Dous Itinerarios Culturais do Consello de Europa”, organizada a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, coa colaboración da Embaixada de España en Alemaña.

A mostra, que se poderá ver na sala municipal de exposicións “HausDacheroeden”, inclúe fotografías dos fotógrafos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino, Tino Viz, Cristina de Middle, Hana Jakrlova, Rita Newman, Chris Erlbeck, Tine Harden, Katja Lösönen, Eva Persson e Signe Raikstina.

Así, a paisaxe, o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana dos peregrinos que viven ao longo das estradas que levan a Santiago son rexistradas polas cámaras destes 14 fotógrafos.

Nas fotografías poderán verse retratos con nomes e apelidos, figuras anónimas no espazo, paisaxes abertas ou a intimidade das igrexas e claustros, que compoñen esta mostra que pretende transmitir que existen diferentes dimensións do tempo.

Turismo apunta que no pasado ano 2014, percorreron a ruta xacobea un total de 16.347 peregrinos procedentes de Alemaña, o que supuxo 6,87% do total de peregrinos que chegaron a Compostela. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies