EFEverde en Galego

Requisan caimanes, pitones e outros animais exóticos nunha casa galega

  • O informe de denuncia das irregularidades observadas será remitido á Consellería de Medio Ambiente da Xunta e a administración de Aduanas.

Requisan caimanes, pitones e outros animais exóticos nunha casa galega Fotografía de arquivo dunha serpe pitón. EFE

EFEverde.-  A Garda Civil incautouse de dous caimanes, dúas serpes pitón e outros exemplares de animais exóticos nun invernadoiro anexo a unha vivenda no Porriño (Pontevedra) por carecer de documentación e dunhas condicións de salubridade, hixiene e seguridade, informou o instituto armado.

O achado produciuse ao ter constancia o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da presenza de dous cans de raza perigosa (pitbull terrier) no patio dunha casa en Atios-O Porriño.

Cando os axentes procederon a inspeccionar o local onde habitaban estes cans observaron que había tamén varios animais exóticos como tartarugas de auga, ánades reais e dous exemplares de caimán, de 1,47 metros e 60 centímetros, respectivamente.

Tras concertar co propietario unha cita de inspección, os axentes do Seprona, acompañados por un veterinario da Xunta, comprobaron que no interior do garaxe da vivenda había un terrario con dúas serpes pitón, de 3,20 e 2,20 metros.

Había tamén tres dragones barbudos, dúas tartarugas de terra, así como ratos e ratas para alimentar aos réptiles.

Todos os animais quedaron en depósito do denunciado a disposición das autoridades competentes.

O informe de denuncia das irregularidades observadas será remitido á Consellería de Medio Ambiente da Xunta e a administración de Aduanas, precisaron as fontes. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies