EFEverde en Galego

Feijóo ve no Bosque de Galicia a “alfombra verde” de Compostela

  • O novo bosque mellorará a calidade de vida dos composteláns e reforzará o atractivo da cidade ante os visitantes.

Feijóo ve no Bosque de Galicia a O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo planta unha árbore durante a visita ao Bosque de Galicia.

EFEverde.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou hoxe que o Bosque de Galicia, situado na ladeira do Monte Gaiás e que estará formado por árbores autóctonas, será a "alfombra verde" da capital galega.

O máximo mandatario autonómico celebrou a realización desta aventura forestal, un “pulmón” que osixenará a cidade de Santiago, e que ademais servirá como porta de entrada á Cidade da Cultura, alzándose “probablemente como o bosque máis importante da autoestrada do Atlántico”.

Na visita aos traballos que se están a efectuar para que o Bosque de Galicia sexa unha realidade, Núñez Feijóo contribuíu á plantación que se está realizando, e así, tantos os seus acompañantes, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; como el mesmo, plantaron un bidueiro por cabeza.

Desta forma sumaron tres árbores ás xa máis de 5.000 plantadas até agora, co que toma forma esta área que servirá, esgrimiu Núñez Feijóo, para conectar Santiago coa Cidade da Cultura “a través dun camiño verde”.

Feijóo tamén se referiu ao desembolso económico que supuxo esta iniciativa para as arcas públicas, a cal xa está totalmente pagada, e asegurou que o custo dos labores de limpeza e plantación non ascende a máis de 300.000 euros.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo (2i), junto al conselleiro de Cultura, Román Rodríguez (2d), al secretario general de Agricultura y Montes, Tomás Fernández Couto, (i) y al alcalde de Santiago , Agustín Hernández (d) durante la visita a los trabajos de plantación del Bosque de Galicia que se realiza en las faldas del Monte Gaiás en las proximidades de la Ciudad de la Cultura.EFE/Xoan Rey

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (2i), xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez (2d), ao secretario xeral de Agricultura e Montes, Tomás Fernández Couto, (i) e ao alcalde de Santiago, Agustín Hernández (d) durante a visita aos traballos de plantación do Bosque de Galicia. EFE/Xoan Rey

Nese sentido, o mandatario autonómico sinalou que o novo bosque mellorará a calidade de vida dos composteláns e reforzará o atractivo da cidade ante os visitantes, xa que funcionará como unha “alfombra verde” que guiará os visitantes á Cidade da Cultura, conseguindo que esta quede máis integrada na cidade de Santiago de Compostela.

Para Núñez Feijóo, esta iniciativa é unha presentación do que “queremos facer en Galicia”, bosques con árbores autóctonas que engrandezan a paisaxe preto das cidades e que sirvan de pulmón para elas, incidiu.

Por outro lado, tamén avanzou que unha vez finalizada a plantación, se iniciará unha segunda fase en que se construirá unha escaleira para acceder a pé ao Monte Gaiás desde o barrio de Sar.

Agustín Hernández dixo que o Bosque de Galicia estará formado por especies autóctonas, cumprindo cunha importante “función ecolóxica”, ao incidir sobre a fauna e a flora, así como na conservación de solos e na regulación do ciclo hidrolóxico da cabeceira do Sar.

Igualmente, destacou que esta paraxe, coa súa rede de camiños, facilitará a accesibilidade ao Monte Gaiás, abrindo a zona para actividades deportivas e de lecer en íntimo contacto coa natureza.

En febreiro de 2013, o Concello de Compostela cedeu unha parcela de 2,2 hectáreas, nas proximidades dos Multiúsos do Sar, para engadila a esta actuación sobre a terra, que estará recuberta de carballos, castiñeiros, bidueiros, teixos, acivros, abeleiras e faias. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com