O BNG reclamou que Galicia xestione directamente os fondos destinados a financiar o sector da acuicultura procedente do Fondo europeo marítimo de pesca 2014-2020.
Nun comunicado, o voceiro parlamentario de Pesca do Bloque, Daniel Rodas, advertiu de que o plan director de acuicultura da Xunta establece unha serie de medidas de liberación que na práctica supón “barra libre” para instalar “proxectos foráneos de acuicultura intensiva”.
Para o BNG, é necesaria “unha aposta clara pola acuicultura extensiva ou ecolóxica cunha estratexia propia impulsada desde a Xunta en colaboración co sector, que prime o dereito de acceso aos recursos naturais e ao emprego dos produtores galegos ao que deben ir destinados, de forma prioritaria, os fondos europeos”.EFEverde