EFEverde en Galego

BNG acusa PP de complicidade na destrución da Malata con tren ao porto

O BNG de Ferrol acusou hoxe o PP de ser "cómplice" na destrución da enseada da Malata, unha revolta singular da ría ferrolá, por onde cruzará a vía que leva o tren ata o porto exterior de Caneliñas na ruta sur elixida polo Ministerio de Fomento.

Os nacionalistas, por boca do seu voceiro, Iván Rivas, arremeteron hoxe contra os populares nun comunicado só un día despois dunha concentración veciñal contra o proxecto que o domingo a mediodía congregou unhas 200 persoas no antigo peirao carboeiro baixo o lema “Salvemos A Malata”.

Entre os asistentes había veciños, grupos ecoloxistas e tamén políticos do BNG, EU e do PSOE, que presentaron un lote de alegacións ao proxecto ferroviario e defenden a opción do trazado norte, máis longo e custoso pero con menor impacto ambiental para a ría, sosteñen.

A xuízo de Rivas (BNG), o PP trata “de ocultar que este proxecto incidirá de forma negativa” na ría cunhas medidas correctoras que para o BNG son “escasas, ineficaces e non resolven determinadas cuestións como o nivel de ruído en zonas do trazado ou a degradación da Malata e a desaparición do seu banco marisqueiro”.

Os grupos políticos, veciñais e sindicais da ría de Ferrol que se integran na plataforma que se opón ao trazado sur do ferrocarril para conectar a rada exterior de Caneliñas, en cabo Prioriño, defenden a opción polo norte que descartou Fomento.

“A necesaria conexión por tren ao porto exterior non pode servir de xustificación para aumentar o nivel de destrución e degradación ambiental e económica da ría de Ferrol que non vai ser mitigado por ningunha medida correctora”, conclúe Rivas, voceiro municipal dos nacionalistas. EFEverde en Galego




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies