EFEverde en Galego

Xunta destinará 314.500 euros ao plan da Reserva da Biosfera do Xurés

  • Así o adiantou hoxe a conselleira de Medio Natural, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Xunta destinará 314.500 euros ao plan da Reserva da Biosfera do Xurés EFE/Roberto Escobar

EFEverde.- A Xunta de Galicia e a Rexión Norte de Portugal aprobarán esta semana un plan de acción para a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, que ten como obxectivo promover este espazo.

Así o adiantou hoxe a conselleira de Medio Natural, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante a inauguración dun centro BTT en Muíños, onde lembrou que a aprobación do plan realizarase en comisión de dirección transfronteiriza, “no marco dun traballo coordinado entre Galicia e Portugal para a conservación e recuperación do espazo desta reserva”.

O plan de acción, ata o ano 2020, recolle, segundo explicou Vázquez, un investimento global “de 2,6 millóns de euros e porase en marcha de forma inmediata cunha partida orzamentaria que neste 2015 chegará aos 314.500 euros”.

Catro eixes de actuación

Estará dividido en “catro eixes prioritarios de actuación”, a imaxe e identidade da Reserva da Biosfera; desenvolvemento socioeconómico; conservación da natureza e participación social, e integración da comunidade e dos actores que interveñen, detallou Vázquez, quen insistiu en que o plan “servirá de guía para o desenvolvemento deste espazo natural”.

Para iso, a Xunta pretende “implicar a poboación afectada nas medidas de protección e conservación, facendo que estas sexan compatibles co desenvolvemento socioeconómico dos concellos implicados”.

Na súa visita, a titular de Medio Natural resaltou ademais “a importancia de preservar os espazos naturais, pero tamén a necesidade de facer compatible a súa protección co desenvolvemento de actividades que xeren emprego e riqueza”.

Para iso, resaltou o compromiso do Goberno galego para a “consecución dunha Galicia máis verde”.

Ademais, avanzou que neste primeiro semestre de 2015 . EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies