Efeverde en Galego

O patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia, a exame

O patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia, a exame A xornada organizada pola SGHN reunirá a unha ducia de expertos. EFE

A Escola Universitaria de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo acolle o próximo 25 de novembro a primeira Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade na que diversos expertos examinarán "desde un punto de vista amplo" diversos temas relacionados, segundo o comunicado facilitado pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), organizadora desta actividade.

O acto, que se desenvolverá en xornadas de mañá e tarde ao longo de todo o sábado no campus de Pontevedra, será presentado polo director desta escola universitaria, Juan Picos Martín, e o delegado da SGHN en Pontevedra, Xosé Lois Rey Muñiz.

Os incendios forestais en Galicia, a restauración ambiental nas Gándaras de Budiño ou a recuperación de ecosistemas litorais en Vigo son, entre outros, algúns dos puntos concretos referidos ao territorio galego que tratará unha ducia de expertos como Serafín González Prieto, Xulio Valeiras Mota ou Marga Rubido Bará, con participación aberta ao debate.

A xornada conta, ademais coa participación de especialistas doutras entidades e institucións como Jesús Gago Piñeiro do Instituto Nacional de Oceanografía que falará sobre lixo mariño, Luís Sampedro Pérez do MBG-CSIC que contará a súa experiencia na Antártida como participante na XXX Campaña Antártica Española ou Pedro Pablo G. May de Efeverde que tratará sobre xornalismo ambiental. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies