EFEverde en Galego

Baleas e golfiños escollen as augas galegas para alimentarse

Baleas e golfiños escollen as augas galegas para alimentarse Imaxe de arquivo. EFE/ Andreu Dalmau

A costa galega volve ser o lugar escollido por baleas e golfiños que foron avistados durante os últimos días.

O Instituto para o Estudo dos Mamíferos Mariños, BDRI, do Grove (Pontevedra), que leva anos estudando os hábitos destes cetáceos en augas galegas, puido constatar recentemente a presenza dunha balea amolada, rorcuales, marsopas e numerosos golfiños na Ría de Arousa.

Pero o avistamento que máis chamou a atención foi o dunha balea azul bañándose preto de Finisterre (A Coruña) a pasada semana.

A balea azul, o animal máis grande do planeta

Segundo os investigadores, trátase dun exemplar “novo que mide uns 19 metros, e é aínda pequeno”, tendo en conta que a balea azul é o animal máis grande do planeta e pode acadar os 30 metros de longo e máis de 170 quilos de peso. 

A presenza de baleas e golfiños na costa de Galicia e na Ría de Arousa débese, indican desde o BDRI, a que “esta especie regresa en busca de alimento e podería volver establecer unha antiga ruta de migración varias décadas despois de que fose case exterminada por baleeiros comerciais durante o século pasado”.

A elección de augas galegas en busca de alimento e para a súa reprodución nelas significa a abundancia de plancto, peces e cefalópodos no leito mariño. 

A aparición desta especie levantou os ánimos dos investigadores e curiosos que, a través dos vídeos subidos ás redes sociais polo Instituto para o Estudo dos Mamíferos Mariños, poden ver a estas especies gozando de augas galegas.

Desde o BDRI aseguran estar “afeitos ver grupos de centos de golfiños e outras especies, pero atopar tantas baleas na nosa costa dános aínda máis ánimos para seguir coas nosas expedicións”.

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies