Efeverde en Galego

DOG publica orde axudas para particulares afectados por incendios forestais

  • O importe máximo a recibir por cada beneficiario é de 15.000 euros

DOG publica orde axudas para particulares afectados por incendios forestais Un home observa a zona afectada polo incendio forestal en Xunqueira de Ambía (Ourense). EFE

Efeverde.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe unha orde de axudas por valor dun millón de euros destinada a compensar as perdas que os particulares sufriron a consecuencia dos incendios forestais deste verán.

Estas axudas servirán para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados, así como para paliar os dános rexistrados nas explotacións agrícolas e gandeiras.

En concreto, segundo informou a Xunta nun comunicado, a orde establece ata sete liñas distintas segundo os danos rexistrados e a persoa interesada poderá solicitalas todas se así o cre necesario, aínda que o seu expediente será único.

O importe máximo a recibir por cada beneficiario é de 15.000 euros e o prazo para tramitar as axudas é dun mes para contar desde mañá martes.

A solicitude pódese facer por vía telemática ou en papel. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies