EFEverde en Galego

O PSdeG considera “inútiles” as axudas ás empresas forestais

  • Segundo Álvarez, as axudas van dirixidas a un número limitado de empresas.

O PSdeG considera EFE/ A. Larena

EFEverde.- A secretaria de Medio Rural do PSdeG, Fe Álvarez, considerou "inútiles" e "inoperativas" as axudas anunciadas pola Xunta ás empresas forestais para 2015, que disporán dun "mísero orzamento".

A portavoz socialista sinala nun comunicado que as axudas para a creación e mellora de  constitúe “un exemplo máis da xestión dunha consellaría que se limita a cumprir cos trámites administrativos, sen coñecemento da realidade do país e carente dunha estratexia política para o medio rural galego”.

Segundo Álvarez, as axudas van dirixidas a un número limitado de empresas, aquelas que contan con entre 10 e 250 traballadores e cun volume anual de até 50 millóns de euros, que, a pesar de seren nominalmente pemes, no campo galego constitúen en realidade grandes empresas, mentres que “as microempresas familiares galegas, polo contrario, quedan excluídas e deben acollerse a outro tipo de axudas”, denunciou. EFEverde

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies