EFEverde en Galego

Os axentes forestais denuncian a “improvisación” da Xunta ante os incendios

  • “Mentres os incendios devastan os montes galegos e as previsións de bo tempo e ventos desecantes continúan, a Xunta segue sen facer os deberes”, insisten nun comunicado.

Os axentes forestais denuncian a Fotografía de arquivo dun incendio forestal. EFE/Brais Lorenzo

EFEverde.- Os axentes forestais denunciaron, nun comunicado asinado por CIG, CCOO, UGT e CSIF, "a improvisación coa que actúa (a Xunta) en materia de incendios".

En concreto, os profesionais destacan que “o dispositivo contraincendios está minguado, non se cobren as xubilacións, nin as baixas, nin as vacantes e iso un ano tras outro e, ademáis, a Xunta propón amortizar 10 postos de axentes ambientais/forestais, dos cales 5 son de Ourense, a provincia onde se concentra o maior número de incendios de toda a península”.

Os axentes denuncian tamén que a Secretaría Xeral de Montes, “en lugar de basearse en criterios técnicos para establecer a quenda de gardas destes profesionais, usa uns criterios claramente políticos, posto que unha semana antes das eleccións municipais, unha semana con temperaturas baixas e mesmo con días de precipitacións, se lle impón un período de gardas innecesarias dende o punto de vista técnico”.

Tras sinalar que non aceptarán que se poña en risco a seguridade dos profesionais, anuncian no seu escrito que, de suceder, se verán obrigados a trasladar a situación á fiscalía.

Finalmente, critican a “política errática” da Xunta na xestión para contratar os medios aéreos, de maneira que “mentres as bases con medios propios da Xunta permanecen pechadas, outras bases xestionadas por empresas privadas sí que están abertas, gastando desta forma diñeiro público innecesariamente, cun fin claramente beneficioso para as devanditas empresas”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies