Efeverde en Galego

A Xunta retirou en 2016 máis de 7.000 niños de avispa velutina

  • A partir de febreiro de 2014, incrementarase considerablemente a presenza deste especie foránea

A Xunta retirou en 2016 máis de 7.000 niños de avispa velutina Fotografía dun niño de avispa. EFE

Efeverde.- A Xunta de Galicia remitiu hoxe un comunicado no que informa de que durante este ano 2016 retirou ou inactivado xa un total de 7.015 niños de avispa asiática no territorio de toda a comunidade grazas ao Plan de Vixilancia e Control da Avispa Velutina.

Dividida a cifra por provincias, a máis afectada foi, con diferenza, a da Coruña, cun total de 4.451 intervencións, fronte ás 1.787 de Pontevedra ou á escasa incidencia da presenza deste insecto en Lugo (743) ou Ourense (34).

Presenza da avispa velutina

A primeira vez que foi detectada a presenza da avispa velutina en Galicia remóntase ao ano 2012, no que se actuou sobre unicamente dous niños en toda a Comunidade.

A partir de febreiro de 2014, incrementarase considerablemente a presenza deste especie foránea e a Xunta articula o actual plan para combatela, que redunda xa nese exercicio na retirada de 572 niños.

É 2015 o ano en que o plan cobra músculo ao incorporarse á súa aplicación máis departamentos do Goberno galego que se suman á por entón en solitario Consellería do Medio Rural.

O Plan de Vixilancia e Control da Avispa Velutina contempla, ademais da intervención directa sobre os niños desta especia invasora, a subministración aos apicultores dos concellos afectados de trampas e líquido atrayente para que axuden a combater a súa presenza.

En 2016 foron entregados xa un total de 2.100 packs de trampas e botes de líquido en distintas zonas de toda Galicia. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies