EFEverde en Galego

Pautas para determinar a urxencia de retirar niños de avispa velutina

Pautas para determinar a urxencia de retirar niños de avispa velutina Avispa velutina. EFE/Lavandeira jr

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) da Xunta de Galicia presentou catro pautas para identificar a avispa velutina e facilitar aos servizos de intervención a planificación da retirada dos seus niños.

O tamaño, a cor do insecto, a forma e a colocación dos niños son fundamentais para diferenciar esta avispa invasora, segundo aseguraron os técnicos de Axega.

Os expertos recomendan nun comunicado manter sempre unha distancia de cinco metros do niño para observar o tamaño do insecto, a cor e se ten as patas amarelas e a cabeza e tórax case negros.

Niño de avispa velutina. EFE/Juan Herrero.

Os niños das avispas velutinas son como unha pera e é fundamental para os equipos de intervención saber se está colgado dunha árbore, a altura aproximada á que se atopa e o tipo de árbore que é.

Axega lembra que unha vez dispoñamos desta información hai que chamar ao teléfono 012 para avisar da presenza do niño ou chamar ao número de emerxencias 112 a condición de que a súa localización supoña un risco para persoas alérxicas, enfermos ou menores. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies