Efeverde en Galego

Detido o presunto autor de 16 incendios forestais en Pontevedra e A Coruña

Detido o presunto autor de 16 incendios forestais en Pontevedra e A Coruña Varios veciños tentan sufocar as chamas dun incendio en Pontevedra. EFE/Sxenick

A Garda Civil ha detido a un home de 40 anos de idade e que responde as iniciais G.V.C. como suposto autor de dezaseis incendios forestais rexistrados durante o mes de agosto na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra, e tamén na Coruña.

A investigación, segundo informa o Instituto Armado, estivo dirixida por efectivos do Seprona de Pontevedra no marco da denominada Operación Ignis Arbor.

As indagacións apuntan a esta persoa, un veciño de Agolada (Pontevedra), como responsable de varios lumes forestais rexistrados no municipio no que reside; en Lalín, na mesma provincia; e en Santiso (A Coruña).

Os resultados obtidos polo equipo de investigación, do que tamén forma parte a Policía Xudicial, estableceron unha serie de liñas de investigación sobre este sospeitoso, que xa foi detido no ano 2012 pola comisión de máis de 150 incendios na comunidade galega.

Ademais, no ano 2015 foi investigado por unha trintena de incendios na provincia de Pontevedra.

As pescudas situaron o vehículo do home nos mesmos puntos e á mesma hora na que se iniciaron nove incendios que se declararon entre os días 24 e 26 de agosto deste ano, sete deles nos montes do municipio de Agolada, un en Lalín e outro en Santiso.

A Garda Civil puido obter, ademais, probas gráficas e testificales que corroboran que o home conducía este vehículo como titular e único ocupante.

O agora detido foi sorprendido xusto despois de prender lume en dous puntos do monte en Ferreiroa, en Agolada, e foi arrestado e posto a disposición do Xulgado de Instrución número Uno de Lalín.

A investigación continúa aberta para determinar a presunta responsabilidade do detido noutros doce incendios rexistrados en Agolada o mesmo período de tempo. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com