EFEverde en Galego

Aumento xeneralizado das nubes, excepto en Ourense

Aumento xeneralizado das nubes, excepto en Ourense

Santiago de Compostela (EFEverde en Galego).- MeteoGalicia predí para hoxe un aumento xeneralizado das nubes, excepto na provincia de Ourense, debido á entrada de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera e ao debilitamento da situación anticiclónica.

A medida que avance a xornada, as nubes tenderán a diminuír, quedando na metade sur os ceos con nubes altas e máis nubrados no norte.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios ou en lixeiro descenso, mais as máximas descenderán de forma moderada, localmente notable e os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 10° 15°, Ferrol 8° 15°, Lugo 4° 15°, Ourense 6° 18°, Pontevedra 8° 18°, Santiago de Compostela 6° 16° e Vigo 9° 18°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do noroeste de mañá, do norte á tarde e do nordeste á noite, forza 2 a 3 de mañá e á noite e 2 a 4 á tarde. Maraxe. Visibilidade mala de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros.

Ferrol-Bares: Vento do norte de mañá e do nordeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 de mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Maraxe de mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 0,5 a 1 metro de mañá e 0,5 a 1,5 metros á tarde e á noite.

Ártabro: Vento do norte de mañá e do nordeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 de mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Maraxe de mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros.

Costa da Morte: Vento do norte de mañá e do nordeste á tarde e á noite, forza 3 a 4 de mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía de mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular de mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 0,5 a 1 metros de mañá e 0,5 a 1,5 metros á tarde e á noite.

Rías Baixas: Vento do norte, forza 3 a 4 de mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía de mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros. EFEverde en Galego

jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies