EFEverde en Galego

A atmosfera continuará hoxe húmida e inestable en Galicia

  • As temperaturas mínimas ascenderán de forma lixeira.

A atmosfera continuará hoxe húmida e inestable en Galicia Varias persoas camiñan baixo a chuvia pola praza de María Pita, na Coruña. EFE/Cabalar

EFEverde.- MeteoGalicia predí para hoxe unha xornada con atmosfera húmida e inestable, con predominio dos ceos cubertos, con chuvias xeneralizadas que irán remitindo á noite.

A masa de aire frío irase desprazando cara ao leste da península Ibérica e a cota de neve situarase nos 1.000 metros, ascendendo progresivamente.

, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos e os ventos soprarán frouxos do noroeste, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

Temperaturas previstas nas principais localidades

A Coruña: 8°-11°

Ferrol: 7°-11°

Lugo: 4°-7°

Ourense: 5°-10°

Pontevedra: 6°-11°

Santiago de Compostela: 6°-9°

Vigo: 6°-11°

Predición marítima

Costa Cantábrica: Vento do noroeste de mañá e á tarde e do norte á noite, forza 4 a 5 de mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía de mañá, marusía á tarde e maraxe á noite. Visibilidade mala de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros de mañá e á tarde e 3,5 a 4,5 á noite.

Ferrol-Bares: Vento do noroeste de mañá e á tarde e do norte á noite, forza 4 a 5 de mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía de mañá, marusía á tarde e maraxe á noite. Visibilidade mala de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros de mañá, 5 a 6 á tarde e 3,5 a 4,5 metros á noite.

Ártabro: Vento do noroeste de mañá e á tarde e do norte á noite, forza 3 a 5 de mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía de mañá e á tarde e maraxe á noite. Visibilidade mala de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros de mañá, 5 a 6 á tarde e 3,5 a 4,5 á noite.

Costa da Morte: Vento do noroeste de mañá e á tarde e do norte á noite, forza 3 a 5 de mañá e a noite e 4 a 5 á tarde. Marusía de mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade mala de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros de mañá, 5 a 6 á tarde e 3,5 a 4,5 á noite.

Rías Baixas: Vento do noroeste de mañá e á tarde e do norte á noite, forza 3 a 5 de mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía de mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros de mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies