EFEverde en Galego

Unha asociación ecoloxista solicita impulsar unha lei de arboredo urbano

  • Arco Iris sostén que se cortaron case 1.500 árbores na Coruña, en zonas como o parque de Santa Margarita ou os xardíns de Méndez Núñez, a Cidade Vella ou o Parrote.

Unha asociación ecoloxista solicita impulsar unha lei de arboredo urbano EFE/Ambrosius Siegel

EFEverde.- A asociación ecoloxista Arco Iris solicitou hoxe á Xunta de Galicia que impulse unha lei sobre arboredo urbano, similar á existente na Comunidade de Madrid, para pór "fin aos desmandos" que se realizan en diversas zonas relacionadas coa corta de árbores.

Os ecoloxistas citan nun comunicado os últimos gobernos do Concello da Coruña e critican a súa “errática política de parques e xardíns”, que na súa opinión revela “a urxente necesidade” de que a Consellería de Medio Ambiente elabore unha normativa que “permita aos cidadáns contar cun apoio legal efectivo á hora de denunciar as cortas indebidas”.

Arco Iris sostén que se cortaron case 1.500 árbores na Coruña, en zonas como o parque de Santa Margarita ou os xardíns de Méndez Núñez, a Cidade Vella ou o Parrote, onde “faltan medidas preventivas que eviten a proliferación de doenzas como a grafiose e a expansión doutro tipo de fungos e pragas”.

“A nova lei suporía unha prohibición tallante e absoluta de cortar exemplares de certo porte e antigüidade”, indicou a asociación ecoloxista, que avoga por que sexa a propia consellería a que “se encargase do réxime sancionador da referida norma, para que os alcaldes non fosen xuíz e parte”.

Segundo o Consistorio herculino con datos a mediados de xaneiro, inventariáronse máis de 15.000 árbores na cidade; rexistráronse todos os seus datos, como diámetro, altura, grosor ou superficie da copa, e plantáronse 1.100 novos nestes máis de tres anos de mandato popular.

“En ningún caso se procedeu á eliminación de ningunha árbore, salvo que esta estivese xustificada por razóns de necesidade, senectude ou deficiente estado sanitario da árbore, perigo para bens e/ou persoas e, en todo caso, avalado por informes técnicos especializados”, argumentou entón o Concello. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies