EFEverde en Galego

Asociación asegura que exposición Auga Doce equivale a subvención a Edgewater

Santiago de Compostela(EFEverde en Galego).- A asociación Contramínate criticou a exposición "Auga Doce", cuxo custo indica que equivale ás subvencións atribuídas pola Xunta á multinacional canadense Edgewater, que pretende explotar a ceo aberto a mina de ouro de Corcoesto.

Contramínate indicou que a exposición inaugurada polo Príncipe de Asturias tivo un custo de 500.000 euros e subliña nunha nota que case acada “o investimento da Xunta na minaría a ceo aberto, que ascende a máis de 500.000 euros en concepto de subvencións”.

Fontes da devandita asociación sinaláronlle a Efe que en 2012 a Xunta atribuíu uns 300.000 euros en subvencións a Edgewater, que se suman a outras cuantiosas axudas en anos anteriores.

A Consellaría de Economía e Industria confirmou o pasado 15 de marzo que lle comunicara a Edgewater o rexeitamento definitivo ao proxecto presentado para a explotación mineira en Corcoesto, malia que a Consellaría de Medio Natural lle atribuíu unha declaración de impacto ambiental favorable cunha vixencia de cinco anos, polo que a firma intenta conseguir o proxecto.

“Observamos con desconcerto e profunda indignación como a Xunta pon en marcha con enorme despregamento de medios económicos, comunicativos e institucionais a mostra Auga Doce” na Cidade da Cultura, indica Contramínate, que o cualifica de “evento hipócrita” e de “provocación para os colectivos que loitan pola salvagarda de bens naturais, e moi particularmente da auga”.EFEverde en Galego

xb/jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies