EFEVERDE EN GALEGO

A Apropiga denuncia a falta dun plan de prevención e extinción de incendios

A Apropiga denuncia a falta dun plan de prevención e extinción de incendios

Santiago de Compostela (EFEVERDE).- A asociación de traballadores da loita contra incendios Apropiga reiterou hoxe a súa denuncia de "incompetencia" dos responsables da Consellería do Medio Rural por non elaborar aínda un plan de prevención e extinción de incendios para a Comunidade galega.

A asociación resalta nun comunicado que, coa chegada do bo tempo, a onda de incendios comezou, polo que expresa preocupación pola actuación do Goberno galego que, a pesar das súas advertencias e dos desastres do ano pasado, “parecen non lembrar” e continúan “cos mesmos erros”.

Explican que, en vez de aprobar o Pladiga, a Administración galega continúa con convenios itinerantes cos diferentes concellos, que teñen como base “unha rede caciquil”: brigadas de traballadores que son escollidos para os postos “a cambio de votos”.

Denuncian tamén unha redución do persoal -equipos con dous bombeiros, vehículos motobombas sen condutores- e mesmo a eliminación de brigadas completas, como aconteceu hai menos dun mes coa Brigada de Tui, apuntan. EFEverde en Galego

pp/jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies