EFEverde en Galego

Apicultores reclaman á Xunta máis medios e control contra a avespa asiática

  • Con axudas ao Plan Apícola.

Apicultores reclaman á Xunta máis medios e control contra a avespa asiática Un enxame de avespa asiática de grandes dimensións, nun ameneiro, en Xove (Lugo). EFE/Eliseo Trigo

EFEverde.- Os apicultores reclamaron da Consellería do Medio Rural máis medios e unha mellora no plan de vixilancia e control da avespa velutina en Galicia.

A Asociación Galega de Apicultores (AGA) informou da reunión celebrada nesta semana dos produtores con representantes da Consellería do Medio Rural, que fixeron un resumo das actuacións “bastante optimista, cando o sector considera que estas actuacións son manifestamente mellorables”, sinala nun comunicado.

Ademais, propón que desde Galicia se soliciten programas de investigación aplicada sobre este insecto , “xa que en Galicia nunca se fixo nada neste campo”, e considera que “hai que continuar facendo presión” até conseguir os medios necesarios para que o 012 poida retirar os niños, sen que os profesionais do sector teñan que facer este labor, “pondo en perigo a súa propia vida”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies