EFEverde en Galego

Animalistas denuncian a “influencia do lobby cinexético”

  • Libera explica que esta influencia se pode comprobar na redacción da Lei de caza vixente.

Animalistas denuncian a EFE

EFEverde.- A asociación animalista Libera denunciou "o extraordinario poder de persuasión do lobby cinexético" e "o seu poder de persuasión nas institucións".

Libera apunta nun comunicado que, ademais, esta influencia é “inversamente proporcional ao número de licenzas de caza reais en Galicia”, que no ano pasado diminuíron 2,6% e, na última década, 20 por cento.

Explica que esta influencia se pode comprobar na redacción da Lei de caza vixente, “que introduce cambios sorprendentes para beneficiar unha minoría”, como o permiso para cazar desde vías asfaltadas, que a norma de 1997 non contemplaba.

Ademais, apunta que a Xunta referendou un convenio para adherir o territorio a unha licenza interautonómica, que permitirá a cazadores doutras autonomías disparar a animais sen superar o exame galego nin pagar as taxas nas administracións da Comunidade.

Segundo a asociación protectora dos dereitos dos animais, a normativa converte Galicia “nun macrocampo de tiro, onde só se salvan practicamente os núcleos urbanos”.

Para Libera, “a caza representa menos de 2 por cento da poboación total do territorio galego e, porén, posúen unha lei propia adaptada ás súas esixencias, como a rebaixa das zonas de seguridade fronte a espazos poboados ou a posibilidade de que un cidadán poida ser multado se fai ruído que entorpeza unha batida, en clara alusión ás entidades que rexeitan esta práctica, e mentres o resto da cidadanía ten vetado o monte”.

Insiste que, “mentres que un menor de 16 anos non pode conducir nin votar, si que se lle permite participar en cacerías, o que evidencia que o lobby cinexético actúa contra a lóxica e contra o criterio dos expertos”. EFEverde

Vota por el Día de la Red Natura 2000 para el premio ciudadanía europea.

Una iniciativa de SEObirdlife y EFEverde de la Agencia EFE

Vota Natura-2000-Day_WEBSEO_ESP_ENG-copia

Más Información:

http://ec.europa.eu/environment/nature/natura2000/awards/application-2015/award-finalists/index_en.htm




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies