EFEverde en Galego

Animalistas denuncian que a Xunta permitirá cazar especies ameazadas

A Asociación Animalista Libera denunciou hoxe que a Xunta de Galicia permitirá cazar especies ameazadas como a cerreta ou a cabra montesa.

A resolución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control e os réximes especiais prevé, no seu articulado, a posibilidade de cazar dúas especies ameazadas, segundo detallan os animalistas nun comunicado.

Así, unha destas especies é a cerreta -unha ave- e a outra é a cabra montesa, a primeira cunha poboación reducida, mentres que a segunda é unha especie ameazada.

Os animalistas chaman a atención polo feito de que unha especie en que se realizaron fortes investimentos públicos para recuperar a súa distribución poboacional, e “cuxa subespecie lusitánica xa se extinguiu no século XIX”, poida “ser obxectivo das escopetas a pesar da súa necesidade de conservación e de encontrarse, paradoxalmente, dentro dun parque natural”.

Á asociación parécelle “lamentable” que unha administración pública “que gastou diñeiro na conservación se dedique agora a vender dez ‘cabezas’ coma se fose unha poxa de vida”.

“Unha vez máis o goberno da Comunidade prégase aos intereses económicos do lobby procaza que logra, de novo, modificar os marcos sociais de protección da biodiversidade e móveos ao seu antollo para converter en pezas de caza animais sobre os que se investiron fortes sumas de diñeiro provenientes do conxunto da cidadanía galega”, engaden.

A Asociación Animalista Libera sostén que a sociedade galega non inflúe nos órganos consultivos, que responden a unha “complexa estrutura de intereses onde sempre saen perdendo os animais”, e nese sentido chama a atención sobre o lobo ibérico, cuxa “caza silenciosa” se produce cando se “constatan os seus danos”, algo que se fai “sen proba ningunha”. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies