EFEverde en Galego

Animalistas convidan deputados a coñecer un refuxio de animais abandonados

Animalistas convidan deputados a coñecer un refuxio de animais abandonados

Santiago de Compostela, 31 mar. (EFEverde en Galego).- O grupo animalista Libera convidou os deputados "indecisos" a que coñezan un refuxio de animais abandonados.

Así, os animalistas consideran que se crearía conciencia para apoiar a proposición de lei para endurecer as multas por malos tratos a animais, presentada pola AGE.
Nun comunicado, móstranse convencidos de que “unha visita sobre o terreo das condicións en que son rescatados centos de cans e gatos cada ano determinará o sentido de voto a consciencia dos parlamentarios”, polo que ofrecen diferentes opcións, segundo a provincia que representan os parlamentarios.
No seu escrito, cifran en 13.000 seres vivos os abandonados en Galicia en 2013, a maioría cans e gatos, mais tamén se detectou un incremento de especies como o porco vietnamita e outras exóticas, cuxo impacto ambiental e animal é superior no territorio galego.
Estiman, igualmente, que só 30 por cento dos animais abandonados teñen a “sorte” de seren acollidos por sociedades protectoras da Comunidade e algúns deles chegan “en condicións deplorables de malnutrición, malos tratos e practicamente mortos”. EFEverde en Galego
jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies