EFEverde en Galego

Animalistas propoñen que o acuario da Coruña funcione sen fauna mariña

  • Os animalistas aspiran a crear con iniciativas como esta unha marca internacional.

Animalistas propoñen que o acuario da Coruña funcione sen fauna mariña Fotografía de arquivo dunha nena mirando un esturión nun acuario. EFE

EFEverde.- A Asociación Animalista Libera e a Fondation Franz Weber propuxeron a "reconversión total" do funcionamento e modelo do acuario municipal da Coruña para que sexa un Centro de Recuperación de Fauna Marina" con contido tecnolóxico e valor engadido, pero sen animais.

Ambos os dous colectivos sosteñen nun comunicado que é necesario superar estas “gaiolas” de especies para crear un espazo “educativo, comprometido e intelixente”.

Ao seu xuízo, a través do uso das novas tecnoloxías o acuario coruñés tamén podería reproducir os sons, os movementos e os ámbitos naturais de animais como as baleas ou as quenllas brancas, pero “sen ter que capturar nin sacrificar a súa vida por un tanque de auga”.

Os animalistas aspiran a crear con iniciativas como esta unha marca internacional na Coruña sobre o “respecto e protección da biodiversidade” e outras formas de turismo para persoas que queren que as súas viaxes “teñan tamén unha finalidade de xerar o cambio social”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com