O pasado mes de decembro tivo lugar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, coñecida como COP 21 ou París 2015. A pesar do entusiasmo co que falaron o acordo final os gobernos e os massmedia, a súa análise non concorda ca visión da comunidade científica e os movementos sociais ambientalistas.
O Vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez Vázquez acompañado pola secretaria da Facultade de Ciencias, Elena Martínez Carballo, serán os encargados de presentar a mesa redonda onde a comunidade científica e os movementos ecoloxistas exporán a sua visión sobre o acordo de París.
Nieves Lorenzo González, área de Física da Terra da Universidade de Vigo. Analizará as evidencias científicas do cambio climático, como afecta a Galicia, que límites se propuxeron no acordo de París e, tras a súa aprobación, que valoración se fai a nivel científico.
Raquel Fernández Rodríguez, área de Clima e Enerxía de Amigos da Terra. Explicará como enfocou o cumio o movemento ambientalista para intentar xerar debate social e exercer presión política para acadar un acordo con contido. Tamén achegará as propostas de cambio a diferentes niveis, político, lexislativo pero tamén persoal, que propoñen as asociacións ecoloxistas.
Bran López Luengo, activista de Amigos da Terra. Compartirá a sua experiencia na COP21 como foi a súa participación nas distintas actividades que se levaron a cabo xunto a outros varios de miles dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en mobilizacións e accións de rúa que deron voz á xente de todo o mundo.
Finalmente, entre todas as persoas asistentes abrirase un debate sobre os resultados do cumio e as alternativas posibles que pode impulsar a cidadanía.

El “Acuerdo de Paris” @deunvistazo en efeverde @COP21. Infografía ambiental en EFEverde.