EFEverde en Galego

Alcaldes abandonan dependencias Xunta despois de pactaren unha reunión con A.Hernández

Santiago de Compostela, 27 mar. (EFEverde en Galego).- O grupo de alcaldes que se concentrara nesta mañá fronte ao despacho do presidente da Xunta para esixir unha reunión sobre a suba do canon da Sogama abandonaron as dependencias administrativas do Goberno galego despois de pactaren unha reuniu co conselleiro de Medio Ambiente

 

Vinte e cinco rexedores apostáronse nesta mañá diante do despacho do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras unha pancarta en que se podía ler “Os concellos contra a suba do canon de lixo de Sogama”.

Esixían unha reunión co titular da Xunta e mesmo un deles, Marcos Blanco, de Ribadavia, dixo que en caso de non ter esta reuniu estaban “dispostos a encerrarse”.

Ao ser preguntado Núñez Feijóo despois do Consello da Xunta por esta cuestión, dixo que a aplicación das normas non se negocia, en referencia á suba do canon, e dixo, en calquera caso, que os alcaldes se presentaron “sen cita previa” e que foron convocados a unha reunión co responsable de Medio Ambiente, Agustín Hernández.EFEverde en Galego

flh/av




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies