EFEverde en Galego

Airiños promove unha función teatral para defender a arte do xeito

  • Unha arte de pesca tradicional.

Airiños promove unha función teatral para defender a arte do xeito Fotografía de arquivo dos mariñeiros afectados pola prohibición de pescar coa arte de pesca xeito.

EFEverde.- O Grupo de Teatro Airiños celebrou nesta fin de semana en varias parroquias do municipio costeiro de Rianxo (A Coruña) seis funcións teatrais para defender o xeito, arte de pesca artesanal.

No próximo mes decidirase se o xeito é excluído da proposta da Comisión Europea sobre redes de enmallar á deriva, e baixo ese escenario máis de 500 persoas destas parroquias mariñeiras acudiron á representación desta actuación a favor deste tipo de pesca.

A proposta, ideada pola Concellaría de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, consiste na mestura entre “música de acordeón, cantiga tradicional, teatro popular e unha grande historia do noso presente”, completada por escenas cómicas nas que se explican as artes do xeito.

Ademais, na representación tamén se escenifica o Parlamento Europeo ou a viaxe en avión a Bruxelas, que con bastantes turbulencias fixo rir grandes e pequenos.

Para finalizar, todo o público se sumou nas seis funcións á canción que berra a Europa: “Salvemos o xeito”. EFEverde

 

Vota por el Día de la Red Natura 2000 para el premio ciudadanía europea

Vota Natura-2000-Day_WEBSEO_ESP_ENG-copia

Más Información:

http://ec.europa.eu/environment/nature/natura2000/awards/application-2015/award-finalists/index_en.htm

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies