Aguas de Mondariz gaña un premio internacional por quinto ano consecutivo

Como en ocasións anteriores, Aguas de Mondariz presentou as súas dúas variedades de auga, con gas e sen gas, e ambas conseguiron a cualificación de “excepcional”, que se logra cunha puntuación de máis de 90 puntos sobre un total de 100 nunha cata ás cegas realizada por cerca de 200 xefes de cociña e sumilleres.

O iTQi de Bruxelas é unha organización independente creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo.
Na edición deste ano presentáronse aos premios 1.239 produtos, dos que só 20% obtiveron a máxima cualificación.
O proceso de avaliación realízase ás cegas, sen envoltorios nin envases, polo que o xurado en ningún momento pode identificar a marca a que pertence. EFE
jmr/flh




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies