EFEverde en Galego

Adega denuncia depósitos dunha empresa acuícola en zona protexida de Carnota

Adega, a entidade ecoloxista galega, sinalou hoxe unha empresa acuícola como responsable de depositar os cascallos dos traballos que realiza na súa planta acuícola sobre unha zona protexida pola Rede Natura, en Quilmas (Carnota), xunto á praia de Corna Becerra.

Nunha nota, os ambientalistas critican que o litoral galego sexa tratado por “algunhas empresas sen escrúpulos” como “un vertedeiro barato que lles queda moi a man” onde depositaron “moreas de lixo con total impunidade sobre un espazo público, costeiro e protexido pola Rede Natura 2000” que comprende esta zona de Carnota e o Monte Pindo.

Sinalan a compañía como responsable do depósito destes materiais que procederían, di Adega, das obras que executan nas súas instalacións. O colectivo indica que xa pediu amparo ao Valedor do Pobo ante a negativa “ata agora”, precisan, da Administración galega a facilitarlles información sobre a actuación e os permisos que levaría aparellada.

Sosteñen que eses depósitos áridos conteñen “restos de cemento e formigón picado, plásticos, ferros e outros restos de demolición entre os que podería haber tóxicos e perigosos” e que para trasladalos da planta ata o punto onde se apilaron, abriuse “un camiño con maquinaria pesada sobre os hábitats (algúns prioritarios) da costa”.

Critican a sucidade que se encontran, moi a miúdo, nos mares e os areais do litoral galego en que recolleron, en batidas de voluntarios, máis de 5 toneladas de desperdicios entre plásticos, botellas, cordas, madeiras, aluminio, botes de químicos, escumas ou poliespán.

“As 5 toneladas recollidas nunhas poucas horas por voluntarios son a punta de iceberg e dan unha idea da dimensión do problema”, terminan. EFEverde

 




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies