Adega denuncia actividade mineira que ameaza a Cova Eirós

EFEverde en Galego

Adega denuncia ante Fiscalía unha actividade mineira que ameaza a Cova Eirós

Adega denuncia ante Fiscalía unha actividade mineira que ameaza a Cova Eirós Detalle dun dos obxectos que foron desenterrados no depósito paleolítico da Cova Eirós. EFE

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) puxo en coñecemento da Fiscalía "actuacións" que "pon en perigo a conservación da Cova Eirós, catedral da arte paleolítica" en Galicia.

Os ecoloxistas consideran que estes riscos están a ser producidos presuntamente por parte “de persoal da empresa Cosmos (dedicada á produción de cemento), coa anuencia da Xunta e o Concello” de Triacastela (Lugo).

Nun comunicado, Adega informa de que a actividade mineira da empresa Cosmos chegou até a mesma planta da cova, a pesar “da protección que lle confire ser un ben de interese cultural (BIC)”, o que na súa opinión é un “gravísimo atentado contra un patrimonio histórico e arqueolóxico”.

Segundo Adega, un xacemento como a Cova Eirós “en calquera outro lugar estaría fortemente protexido e sería foco de atención científica e reclamo turístico, ao mesmo nivel que as covas de Altamira”.

A organización ecoloxista afirma que, “como consecuencia da eliminación da capa de solo e do material xeolóxico que protexía a planta da cova, a infiltración de augas superficiais aumentou considerablemente, producindo a entrada de auga que baixa polas paredes da cova”.

Esa situación supón un “risco” evidente de “destrución de pinturas e gravados rupestres”, que se ve agravado “pola utilización de maquinaria pesada” nas inmediacións da cova e “as vibracións xeradas por esta máquina e as voaduras” da explotación mineira. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com