EFEverde en Galego

Acampa 2018 abordará mañá o problema das organizacións humanitarias que se dedican ao rescate de seres humanos

Acampa 2018 abordará mañá o problema das organizacións humanitarias que se dedican ao rescate de seres humanos Captura web da asociación Acampa

Acampa 2018 abordará mañá sábado o debate "Salvar vidas, obrigación ou delito?"que se desenvolverá a partir das 20 horas, na Carpa Central, nos Xardíns de Méndez Núñez e tratará o problema das organizacións humanitarias que se dedican ao rescate de seres humanos.

Actividades de mañá sábado

O programa da terceira e última xornada de Acampa 2018 comezará pola mañá con visitas guiadas ás exposicións fotográficas que, repartidas pola cidade, achegan á cidadanía a crúa realidade dos lugares e persoas desprazadas por guerras, desastres ambientais ou condicións económicas.

O fotógrafo galego Juan Pablo Moreiras dirixirá unha visita guiada, a partir das 11.3Ou horas, pola súa exposición “Fráxil”, que mostra, nos Cantóns, as consecuencias en todo o mundo da acción humana sobre o planeta.

Ás 12.30, Pedro Armestre, fará unha visita guiada pola súa exposición “Somalia no Esquecemento”, realizada por encargo de Save the children, que se exhibe na Sala de exposicións Salvador de Madariaga e que mostra ás consecuencia da interacción dos homes co medio.

Moreiras, Armestre, xunto con Ariadna Silva, explicarán ás 19 horas na Carpa de audiovisuais a historia que hai detrás dunha fotografía das súas respectivas mostras.

Antes, ás 17 horas, no mesmo lugar, haberá un encontro con Felipe Carnotto e Adrián Irago, membros das colectivo Fotos Contra a Guerra.

Como en días anteriores, activistas de Amnistía Internacional tutelarán unha visita guiada polo campo de refuxiados simbólico que, instalado nos céntricos Xardíns de Méndez, é o escenario ao redor do cal se desenvolven todas as actividades de Acampa.

Haberá tamén propostas para nenos e adultos como un curso de primeiros auxilios ou un xogo da oca co que Médicos do Mundo ilustra a situación de países desfavorecidos.

Rescate de seres humanos

Acampa 2018 abordará mañá sábado o debate “Salvar vidas, obrigación ou delito?”que se desenvolverá a partir das 20 horas, na Carpa Central, nos Xardíns de Méndez Núñez.

Participarán representantes de ONG como Open Arms ou AIRE que se enfrontan a acusacións xudiciais por salvar vidas.

Será o peche das actividades da segunda edición desta iniciativa cidadá polo dereito ao refuxio que se desenvolve na cidade da Coruña e que nesta ocasión pon o foco nas migracións por cambio climático.

Na mesa redonda, moderada pola xornalista galega Fernanda Tabarés, estarán Anabel Montes, xefa de Misión de Open Arms; Ramiro García de Deus, un dos primeiros xuíces de control do Centro de Internamento de Estranxeiros de Aluche e Federico Pichel Ferreiro, presidente da ONG de rescate AIRE.

Presentará o acto Isabel Rey, colaboradora da Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas.

Clausura

O acto de clausura de Acampa 2018 será ás 21.30 horas, na Carpa Central, e estará presentado pola actriz galega, Isabel Naveira (Fariña).

Previamente, ás 19.30 horas, decenas de persoas están convocadas para formar un símbolo humano da paz, organizado por Mundo Sen Guerras e que terá como escenario os Xardíns de Méndez Núñez.

Poñerá o broche final a música de M J Pérez, unha das novas voces do panorama actual da música galega, e de Maneida. Será a partir das 22.30, tamén na Carpa Central. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies