Un mozo pasa ante uns colectores de residuos de Lugo. EFE/Eliseo Trigo

LUGO LIXO

Cadro de persoal de Urbaser desvincúlase da queima dun camión e colectores

Publicado por: Redacción EFEverde 23 de julio, 2014 Lugo

O secretario do comité de empresa de Urbaser en Lugo, Julio Pacio, desvinculou hoxe por completo os traballadores dos actos vandálicos que aconteceron na pasada noite, cando foi incendiado un camión da compañía, estacionado en Vilalba, e varios colectores na cidade.

Nunhas declaracións á EFE, Julio Pacio afirmou que "sempre hai quen se aproveita das folgas" para cometer ese tipo de actos vandálicos, e mesmo lembrou que a propia "policía xa andaba detrás" dun "pirómano" que supostamente incendiou varios colectores na cidade, antes do conflito laboral.

"Haberá que pensar, inclusive, que pode ser a propia empresa", dixo Julio Pacio, para tensar aínda máis a corda nun conflito que dura xa 44 días.

"Desvinculámonos totalmente deste asunto", concluíu. EFEverde

 

Secciones : Galego
Temas :
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.

Descubre más desde EFEverde

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo