BIODIVERSIDAD Y AGUA

07.02.2012 | 23:59 GAL-ARQUEOLOXÍA SUBMARINA

Ribadeo pide a Patrimonio que continúen as prospeccións na ría

Valoración:
Tu valoración:
(0) Comentarios

Añade tus comentarios

Añade tus comentarios

Los campos marcados con (*) son obligatorios

Lugo, 07 feb. (EFEverde).- O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez, solicitou unha reunión co director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel, para recibir información "sobre os últimos achados" arqueolóxicos localizados na ría e solicitar "a continuidade das prospeccións", co obxectivo final de evitar espolios.

O rexedor local informou nun comunicado de que esta mesma mañá mantivo unha conversación co propio director xeral, quen se "mostrou receptivo a manter este encontro nos próximos días".

Suárez Barcia explicou que os traballos de dragaxe na ría de Ribadeo, que está executando Portos de Galicia, permitiron localizar "un gran pecio" hai unhas semanas e todo apunta, segundo o rexedor, "a que se trata dun galeón do século XVI".

Por iso, o alcalde volveu pedir "a continuidade das prospeccións na ría, porque alberga unha gran riqueza arqueolóxica".

"Debemos velar por ela e extraer todo o que se poida, para evitar posibles espolios", concluíu.

1011162

¡compártelo!
  • meneame
  • delicius
  • facebook
  • twitter
Powered by eZ Publish™ CMS Open Source Web Content Management. Copyright © 1999-2010 eZ Systems AS (except where otherwise noted). All rights reserved.