ECOPOLÍTICA

07.02.2012 | 23:59 GAL-BRAÑAS CONSERVACIÓN

Advirten de deficiencias na conservación das brañas galegas

Valoración:
Tu valoración:
(0) Comentarios

Añade tus comentarios

Añade tus comentarios

Los campos marcados con (*) son obligatorios

Santiago de Compostela, 7 feb. (EFEverde).- As brañas en Galicia están suficientemente protexidas en teoría, pero na práctica hai deficiencias, advertiron hoxe as sociedades galegas de Ornitoloxía e de Historia Natural nun comunicado conxunto.

Ambas as dúas entidades advirten das "carencias" en materia de plans de uso e xestión, das brañas incluídas no convenio internacional Ramsar, e cita o caso das de Ribadeo, Ortigueira, Valdoviño, Corrubedo e Umia-O Grove-Carreirón.

Tamén denuncian que hai "mala planificación" no ámbito do urbanismo e acuicultura e incluso situacións "fóra de control" en zonas costeiras.

Ademais, critican a "contaminación agrogandeira difusa" e a "cavadura de terras marxinais inundables" co obxectivo de "cazar primas" da Unión Europea, en alusión aos subsidios.

Por último, observa que hai "efectos directos e indirectos dos lumes" forestais sobre as brañas en zonas montañosas.

As dúas entidades de vocación científica lamentan ademais a carencia na lexislación galega sobre auga, por considerar que "ignora as zonas húmidas e non lle dedica nin un só artigo á restauración dos sistemas hidrolóxicos degradados na actualidade, nin sequera nas zonas de especial protección das rías "e confórmase" con que "non empeore" a calidade da auga.

Así mesmo, repróchanlles á Consellaría de Medio Ambiente e ás confederacións hidrográficas dos ríos Miño-Sil e Douro o feito de que "non exercen as súas competencias para garantir a conservación e o uso racional das brañas e dos seus recursos", segundo os compromisos contraídos por España na convención Ramsar. EFE.

¡compártelo!
  • meneame
  • delicius
  • facebook
  • twitter
Powered by eZ Publish™ CMS Open Source Web Content Management. Copyright © 1999-2010 eZ Systems AS (except where otherwise noted). All rights reserved.