A Consellería de Medio Ambiente informou hoxe nun comunicado de que esta ampliación foi decidida polas demandas dos diferentes sectores afectados directa ou indirectamente polo plan.
O departamento da Xunta explica que a lista de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) en Galicia foi considerada insuficiente pola Comisión Europea e, en decembro de 2011, foi redactada unha proposta de ampliación "que emenda as deficiencias de representación dalgúns hábitats e especies, detectados pola Comisión no ano 2004".
A proposta da Xunta, á que agora se concede un mes máis de presentación de alegacións, crea 21 novos LIC, amplía a superficie doutros 28 existentes e permanecen sen cambios 31.
Con esta medida, amplíase a Rede Natura galega en 154.174 hectáreas (102.857 de superficie terrestre e 51.318 mariña) para chegar a un total de 528.609 hectáreas de LIC e 543.740 de Rede Natura 2000. EFE









